Que é MYCOCITY?

MYCOCITY é un proxecto de rexeneración de solos urbanos e espacios de cohesión social mediante a introducción de fungos en cidades para mellorar os chans degradados, aumentar os espazos de biodiversidade, xerar bosques comestibles e espazos de cohesión social, mediante a xeración de emprego e o desenvolvemento dunha economía circular.

01

Biodiversidade urbana

Utilización da biotecnoloxía para xerar chans con maior calidade e biodiversidade nas cidades. Para iso, realizaranse ensaios contrastados con diferentes substratos e plantas e tratamentos de chan en distintas zonas degradadas da cidade, empregando fungos colonizadores e promotores do crecemento das plantas. Con iso, conseguirase o desenvolvemento dun protocolo de traballo efectivo que sirva para mellorar chans degradados e en mal estado e a súa transferencia a outras cidades Europeas.

02

Protocolos de control

Desenvolvemento dun protocolo de control mediante a colocación de sensores de chan que permita controlar o grao de porosidade e estado do chan, así como o crecemento da planta. Este protocolo permitirá o control e a validación dos mellores tratamentos que serán os implantados nun futuro noutras cidades e terreos semellantes.

03

Bosques comestibles

Mellora do acceso á vida activa de colectivos desfavorecidos mediante a implantación de bosques comestibles onde se introduzan árbores e arbustos froiteiros xunto con fungos comestibles e troncos inoculados con cogomelos comestibles en contornas de parques urbanos, o que, nun futuro, permitirá a recollida de froitos silvestres e a creación de emprego e o fomento dunha economía circular do bosque urbano.

04

Respecto

Fomento do respecto e o coidado dos bosques comestibles mediante  proxectos educativos, talleres, cursos, charlas, mercados de alimentos, etc. Este traballo incidirá nos colectivos desfavorecidos e axudará á súa integración social e a valorar os bosques urbanos como fonte de beneficios e alimentos.

05

Conciencia social

Uso de nova tecnoloxía (RA, app’s) para aumentar a concienciación social sobre o papel dos fungos e a importancia que teñen no ecosistema urbano.

06

Rede de cidades

Creación da Rede de cidades MYCOCITY que axudará a compartir experiencia e á
xeración de iniciativas e propostas que sirvan para o asentamento do proxecto noutras cidades do mundo.

Protección da natureza

Innovación

Participación social

Integración socio-laboral

Sustentabilidade

Trátase dun proxecto interdisciplinar orientado a impulsar un cambio metodolóxico no marco da Iniciativa European Urban Initiative – Accións innovadoras (EUI-IA) orientado a xerar solución innovadoras e crear un claro efecto de demostración para inspirar o uso da política de cohesión nas zonas urbanas, enfrontando un dos maiores desafíos das cidades contemporáneas, a rexeneración de espazos urbanos e aumento da biodiversidade, achegando propostas de solución innovadoras nos seus principais puntos febles e operar como motores de desenvolvemento económico, redistribución e inclusión.

blackieshoot-sAtSL8jak8Q-unsplash

78%

da enerxía mundial é consumido nas cidades. Os cidadáns que viven e traballan nas zonas urbanas son moito máis vulnerables aos impactos do cambio climático.

Das emisións de gases de efecto invernadoiro xéranse en cidades, o que requiriría transicións rápidas e de gran alcance nos usos da enerxía, do solo, das cidades e das infraestruturas 

60%

O cambio á neutralidade climática presenta moitas oportunidades para a economía e os mercados laborais de Europa. Con todo, tamén expón desafíos polo seu impacto distributivo desigual, tanto en termos territoriais como sociais. Algúns sectores da industria veranse afectados de maneira desproporcionada, mentres que as implicacións para os traballadores, en particular para aqueles con niveis de cualificación máis baixos, son significativas. Se non se xestiona de forma eficaz, a transición pode aumentar as desigualdades en toda Europa e socavar a aceptación social da transición climáticamente neutral con sociedades que xa están baixo presión tras a pandemia de coronavirus.

La Agenda Urbana de la UE propuesta tiene como objetivo fortalecer la dimensión urbana de las políticas de la UE de tres maneras:

Mellorar a regulación : mellores vínculos entre o deseño das políticas europeas e as prácticas urbanas

Mellor acceso e uso dos fondos europeos para garantir resultados

Mellorar o coñecemento sobre cuestións urbanas e alentar ás cidades de toda Europa a compartir as mellores prácticas.

Enfoque holístico ou de gran escala

A maioría dos proxectos combinan unha ampla gama de accións que abordan cuestións económicas, sociais e ambientais. Abordan os desafíos de cidades cunha ampla gama de ferramentas, actividades e técnicas. A combinación destes diferentes enfoques e accións crea un novo marco no que se pode atopar a innovación.

Participa

A xestión de entornos naturais urbanos constitúe un reto ambiental, social e económico para as sociedades  contemporáneas. Xeramos unha pegada ecolóxica importante asociada a produción de alimentos que comemos. Faise preciso buscar solucións innovadoras que axuden a reducir esta pegada, conseguir beneficios ecosistémicos, mellorar as conexión coa natureza ao mesmo tempo que logramos unha despensa viva.
Neste marco xorde a proxecto MYCOCITY Santiago, que se presenta como Acción Urbana Innovadora, a través do fondo FEDER. A filosofía desta iniciativa é buscar a participación e implicación cidadá e de todos os sectores, para a creación dun bosque comestible. Trataríase de fomentar o policultivo nos bosques urbanos para favorecer a biodiversidade e aumentar a resiliencia e a sostibilidade do sistema a longo prazo.
Coa enquisa que achegamos a continuación queremos desde xa contar coas opinións da cidadanía compostelá. Por este motivo, gustaríanos saber:

    Preocúpalle a súa alimentación e a pegada ecolóxica que supón?

    Sabe o que son os bosques comestibles?

    Gustaríalle que se levara adiante este proxecto de bosques comestibles para Santiago?

    Pensa que un bosque comestible en Santiago lle permitiría abrir novos horizontes máis alá da horta tradicional, coa experiencia de novos sabores e mellorando a calidade nutricional da dieta?

    Considera que o bosque pode ser unha despensa viva?

    Pensou que pode recolleitar herbáceas, froitas, fungos no bosque como parte da súa dieta?

    A iniciativa de crear un bosque sostible en Santiago axudaría a (pode marcar máis dunha opción)

    Considera que un bosque comestible é un espazo para conectar coa natureza e un lugar de aprendizaxe e observación?

    Cales das seguintes propostas considera vostede interesantes para incluír no proxecto de bosques comestibles para Santiago?

    Aceptaría colaborar coa elaboración de bosques comestibles coa produción de froiteiras, fungos… impulsado unha produción sostible e responsable nos bosques urbanos?

    No caso de aceptar promover este tipo de iniciativa, ¿en que espazo do seu entorno local lle gustaría que se creara un bosque comestible?

    Como habitante deste concello, ¿como lle gustaría participar no proceso xeración dun bosque comestible? ¿Que precisaría para participar activamente neste proceso?

    Proxecto interdisciplinar orientado a impulsar un cambio metodolóxico no marco da Iniciativa European Urban Initiative – Accións innovadoras (EUI-IA) orientado a xerar solución innovadoras e crear un claro efecto de demostración para inspirar o uso da política de cohesión nas zonas urbanas,